AS NOSAS ACTIVIDADES
Estimulación musical
temperá
Vivindo a música
dende dentro!
Iniciación á
música
Aprendes xogando
e xógase
aprendendo!
Iniciación ao
piano
Descubre un mundo novo,
onde viven os sons
que levamos na cabeza.
CONCERTOS E AUDICIÓNS
Estimulación musical temperá
“Así como o neno aprende a falar coa simple exposición a un ambiente no que os adultos lle falan, o neno adquire ese fundamento musical a través da exposición natural á música” (Edwin Gordon) A música apréndese como lingua materna, cada un na súa propia lingua. ritmo, onde outras persoas (nenos e adultos) actúan como modelos e expertos desta nova linguaxe, a música.
Mergullámonos nun mundo de creatividade, improvisación e colaboración. onde a aprendizaxe se produce dun xeito natural e agradable. É un mundo dinámico e flexible, onde as diferenzas individuais enriquecen o medio e proporcionan maior calidade.
Aprendes xogando e xogas aprendendo. Son xogos musicais breves, onde van progresivamente de máis sinxelos a máis complexos. Sempre hai unha planificación para integrar novas habilidades nas competencias xa adquiridas.
É unha aprendizaxe informal, sen esixencias á hora de dar respostas. Cada un participa ao seu xeito e os logros son aplaudidos.
Son actividades amenas, breves e rápidas, co fin de manter a atención dos nenos sempre activa.
A diversidade e calidade da música que escoitamos nas sesións é importante, polo que nos baseamos na música clásica dada a súa riqueza tímbrica, rítmica, melódica e harmónica. Ademais, tamén incluímos músicas do mundo, música contemporánea, cancións populares e improvisacións.
Aprendemos co movemento, sobre todo a idades temperás, polo que incluímos os bailes e os xogos como parte inseparable da aprendizaxe musical. Ao mesmo tempo, obtéñense importantes beneficios no desenvolvemento da psicomotricidade.
As clases son de 45′-50′ semanais coa participación dun adulto co que o neno ou nena manteña un vínculo afectivo.
Iniciación á MÚSICA
Seguindo a liña da estimulación musical temperá, as clases están previstas cunha variedade de actividades musicais e de movemento axeitadas ao seu desenvolvemento evolutivo.
Neste nivel centrarémonos na escoita que nos faga pensar (musicalmente) e que nos permita comezar a falar (xogar). Utilizar a creatividade de forma consciente, facendo uso dos recursos que, paso a paso, aprendemos (os patróns da música).
ESCOITAR - PENSAR (AUDIATION) - TOCAR
Traballamos o desenvolvemento da audición, do ritmo e da psicomotricidade, mediante a escoita activa, o canto e o uso de pequenos instrumentos de percusión.
A aprendizaxe realízase mediante o movemento e a interacción cos demais.
Cantan, xogan, recitan, móvense co ritmo da música e aprenden os patróns que conforman a linguaxe da música.
O teu itinerario de aprendizaxe particular é personalizado, rexistrando o teu progreso.
Iniciación ao piano
O piano non é só o noso instrumento para expresar a música que levamos dentro. É moito máis. El será o acompañante, o guía que nos axudará á hora de dar forma ás nosas ideas musicais. Convertirase no aliado das nosas cancións internas e daranos a posibilidade de que outros entendan o noso propio mundo.
O noso achegamento a unha ferramenta tan poderosa será dun xeito familiar, o que nos permitirá resolver os problemas que a música nos plantexa a nivel conceptual. Co piano a música séntese directamente, sen utilizar definicións nin análises complicadas.
Comezaremos a poder tocar, sen necesidade de saber ler a enrevesada notación musical tradicional. Así como improvisar o que a nosa creatividade imaxina na nosa cabeza.
PIANO
Neste nivel afonda o instrumento, converténdoo nunha extensión do pensamento musical.
O noso obxectivo é ofrecer unha aprendizaxe o máis personalizada posible, en función das características e circunstancias de cada alumno.
Son clases individualizadas dunha hora semanal, onde estará dispoñible un piano durante todo o tempo.
Aprendes a tocar seguindo o teu propio ritmo, sen necesidade de adaptarte ao nivel do grupo.
Tamén comezamos a ser capaces de ler ou plasmar de forma formal, escrita ou gravada, a música que tocamos ou que levamos dentro.
Improvisación e Composición
A improvisación como ferramenta para desenvolver a creatividade
Así como un neno comeza a formar as súas primeiras frases significativas, cando improvisamos expresamos un discurso musical espontáneo, a partir dos coñecementos adquiridos.
A composición como expresión da música interior do artista.
A diferenza da improvisación, a acción de compoñer esixe un maior coñecemento do instrumento, das regras e normas musicais, e do uso fluído dun sistema de notación musical para a conservación e reprodución da obra composta.
Tamén require planificación e estruturación.
CONCERTOS E AUDICIÓNS
Propoñemos unha alternativa aos agasallos habituais:
- Un agasallo que te acompañará para sempre,
- que abrirá as portas a un mundo máxico,
- iso fará que os problemas desaparezan por un momento,
- que cando volvan, serán máis fáciles de enfrontar,
- que lle dará máis calidade de vida.
- Válido durante o curso actual.
- Prazo de devolución 30 días.
- Sen compromiso de permanencia.
- En caso de decidir continuar, incorporarase á escola como o resto do alumnado.